No CPI As Mirandas de Ares organizamos este xoves a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre,xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada. Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer aGADIS,DeportesMARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Aquí vos queda unha copia das suxestións de lectura deste Nadal. Recordade, son so unha suxerencia, hai moitos libros máis que se poden ler. Tamén as idades establecidas son unha suxerencia. Lede o que vos pete e, sobre todo, pasádeo ben. Felices Festas.
O venres 23 de novembro no salón de actos da Biblioteca do Concelloforon entregados os diplomas e premios do II Concurso de fotografía xuvenil Concello de Ares, imaxes que ilustrarán o calendario municipal do 2019.
Moitas grazas a todos e todas as participantes, ao cole por colaborar e fomentar a participación e ao xurado que non o tivo nada fácil ( Manuel Pueyo, Anxo Fernández e Mila Campos)
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero que se celebra o 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI
As Mirandas de Arese CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un
vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que
suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita
contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que
tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas
baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da
igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.
Esta semana para conmemorar o
Día Internacional dos Dereitos da Infancia os alumnos e alumnas de 4º e 3º de
ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Na procura
dun mundo marabilloso”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez
Fernández,descubrimos á importancia que
ten que todos os nenos e nenas do mundo teñan dereitos que garantan o seu
crecemento tanto físico como psíquico; dereitos tan básicos como a educación, a
sanidade, a igualdade de oportunidades...e que, en moitos lugares do mundo, non
se cumpren.
Trala sesión os nenos e nenas
participaron nun pasapalabra no que demostraron que estiveron moi atentos ao
conto e ás explicacións dos rapaces e rapazas da ESO.
Ao rematar o acto, todos foron
agasallados cun marcapáxinas, realizado polos mozos e mozas da ESO, no que
estaban reflectidos os dereitos dos nenos e nenas.
Grazas a todos pola vosa
participación!!!
Esta é unha proposta do Equipo
de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.
Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare,da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".
Recomendamos a lectura pausada deste manifesto de Luís Navarro e lembramos algúns dos recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar.
MALETAS VIAXEIRAS DE CIENCIAShttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/maletas/ ("Ciencias-Primaria, Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)
Hoxe encontrámonos unha gran sorpresa cando entramos na biblioteca. Cabazas, bruxas, personaxes de comic, gatos negros, pantasmas... todos eles sairon dos libros con intención de quedar unha tempada para sorpresa dos nenos e nenas.
Cando volverán aos libros?
Calquera recuncho vale para xogar ao xadrez, por ese motivo decidimos usar a nosa biblioteca para que os nenos e nenas aprendan, e como os mellores mestres son eles, este trimestre organizamos unha escola de xadrez onde os que máis saben ensinan aos demais.
Unha experienca maravillosa onde todos se sinten protagonistas.
Con este lema festexamos o día das bibliotecas no noso cole, aproveitando que este ano as bibliotecas escolares imos traballar sobre poeticas diversas.
O alumnado escribiu e decorou un pequeno poema ou rimas para comezar a asolagar os nosos corredores de metáforas. Imos darlle vida á nósa tradición lírica.
Outra actividade realizada polo día das bibliotecas foron os apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º A leu para os nenos e nenas de 5 anos. Foi todo un éxito.