23/5/17

ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que ,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos acompañaron nesta xornada.

Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario