29/4/16

A VIDA DAS PERSOAS NA IDADE MEDIA


Presentamos o último vídeo sobre o proxecto da idade media no que os nenos e nenas de 3º A  fálannos de como era a vida das persoas nese etapa da historia.  Esperamos que aprendades moitas cousas, como eles fixeron tras a elaboración deste traballo.

  Parabéns para todos eles e elas.


        

28/4/16

A ESCOLA PROTÉXENOS: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI CONDE DE FENOSA

Esta semana no CPI Conde de Fenosa alumnos/as e profes unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "A escola protéxenos". O paraugas do mural que fixemos, simboliza a protección que nos está a ofrecer a escola.Pódese decir máis alto pero non máis claro #A educación protéxenos#, por iso hai que #protexer o seu financiamento#.
É necesario que os representantes políticos se comprometan co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan así o quere.  Por iso movilizámonos  no noso cole en apoio a esta demanda.





25/4/16

OS CASTELOS, POLOS NENOS E NENAS DE 4º A DE EP.

Seguimos cos traballos que levamos a termo no proxecto sobre a Idade Media. Agora son os nenos e nenas de 4º A os que nos falan sobre os castelos, auténticas fortalezas dos nobres e que servían como defensa  propia e das vilas que del dependían. A continuación podedes ver o magnífico traballo realizado polo grupo de 4º A.

                                                                Parabéns para todos eles e elas.


            

PREGUNTÓN SEMANA 2

Aquí tedes as preguntas da segunda semana de preguntón. Ánimo!!!


RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 1


21/4/16

CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE

A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.

Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.




18/4/16

O ESPAZO

ESTE É O RESULTADO DO PROXECTO QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS NO 2º TRIMESTRE SOBRE O ESPAZO, APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE OS PLANETAS, NASA, ASTRONAUTAS...

FADAS E TRASNOS

OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS ESTIVERON A TRABALLAR SOBRE AS FADAS E OS TRASNOS.

PREGUNTÓN SEMANA 1

Comezamos xa!!!!!. Aquí tedes as preguntas desta primeira semana. Acordádevos que tedes ata o luns da semana que ven para depositar as respostas na furna correspondente. Ánimo e moita sorte!!!


16/4/16

A VESTIMENTA DA IDADE MEDIA. POLOS NENOS E NENAS DE 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Aquí vos deixamos o traballo que os nenos e nenas de 3º B estiveron a realizar no proxecto sobre a Idade Media. Si os de 4º nos falaron sobre a sociedade feudal, estes magníficos nenos e nenas de 3º  móstrannos o que aprenderon sobre a vestimenta desa época da historia. Non volo perdades!!!.
Parabéns para todos eles e elas.

           

14/4/16

A SOCIEDADE FEUDAL. POLOS ALUMNOS DE 4º B

Os alumnos de 4º de primaria estiveron a traballar nun proxecto sobre a Idade Media. Neste vídeo mostrannos todo o que aprenderon e investigaron sobre elo: o periodo que abrangue, a sociedade medieval, os castelos, os trovadores e xoglares, os cabaleiros... Pero mellor que o vexades.
Parabens polo traballo ben feito!!!.


                         

12/4/16

PROXECTOS DE CENTRO 2015/16

Este é o proxecto de PIRATAS que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no segundo trimestre, nel nos contan todo o que aprenderon sobre piratas: onde viven, que piratas coñecen, partes dun barco pirata, cancións poemas e adiviñas...


11/4/16

I XOGOS OLÍMPICOS GRECO- ROMANOS

O pasado 18 de Marzo celebramos no colexio as primeiras olimpiadas  entre gregos e romanos con xogos variados:
TABÚ, O PANO, RELEVO DE ZAPATONES, PARACAÍDAS,PELOTA AMOROSA, BRILÉ, CARREIRAS DE SACOS E DE CANGUROS, TIRO DA CORDA E ESQUIVAR E DAR.

6/4/16

III EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela do noso centro, organizan a III Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creatividade do noso alumnado.

Aquí tedes as bases. Veña, animádevos a crear!!!!



2/4/16

COMEZA A VI EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN"

Ola a todos e todas,  xa estamos de novo co noso concurso O Preguntón na súa VI Edición. Sei que xa estades desexando comezar pero antes de nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o xoves 14 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos que podedes recoller na biblioteca ou na vosa clase.  Recordade que debedes formar un equipo de dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou de cursos distintos.
O concurso comezará o martes 19 de abril  e rematará o 10 de maio e as preguntas estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e  Carabeladeares da Biblioteca, así como nun panel no corredor de secundaria e na biblioteca.

Vamos... animádevos a participar!!!!!. Comeza a conta atrás.....



1/4/16

LETRAS GALEGAS 2016

Este curso adícaselle o Día das Letras Galegas a MANUEL MARÍA, por este motivo, poñemos en marcha no noso centro dúas mochilas viaxeiras con 7 títulos cada unha que recollen a obra do autor.

Estas son algunhas pinceladas da súa vida:
 Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo. A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña. Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria. Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004. Información recollida da Fundación Manuel María