20/6/15

DESPEDIMOS AOS NOSOS ALUMNOS/AS DE 4º ESO


Nun acto de despedida no que houbo tamén espazo para as bágoas, que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida, os alumnos e alumnas de 4º da ESO recibiron as súas respectivas orlas de fin de ciclo. No emotivo acto estiveron presentes os profesores da ESO así como compañeiros e compañeiras dos nosos rapaces que xa nos deixan despois de tantos anos neste centro.
Dende aquí queremos desexarlles de corazón, toda a sorte do mundo na nova andaina que comezan e recordarlles que sempre terán abertas as portas deste o seu colexio. Esperemos que veñan a facernos algunha visitiña de vez en cando.

En hora boa a todos eles!!!

Aquí tedes o vídeo co que o noso cole agasallou aos rapaces/as

         

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CONCURSOS E CERTAMES DO CURSO 2014-2015

Que mellor que o final de curso para recoñecer o traballo e a labor de todos os alumnos e alumnas, así como dos profes, que traballaron duramente ó longo do curso dinamizando e participando nos distintos certames e concursos que se levaron a termo este ano. Así  o xoves 18 de xuño celebramos no pavillón o acto de entrega de diplomas e recoñecementos ás clases e aos alumnos  pola súa participación nos concursos: O Preguntón, Portada de Libros, Mai-Art e Audiovisual  Olloboi.
Para rematar este acto os alumnos e alumnas de 1º A sorprendéronnos a todos cun musical.





                                       

INTERPRETACIÓN DO CONTO " O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"

Os alumnos de 4º  ESO  con optativa de plástica e varios alumnos de 3º ESO, volvemos ensaiar o conto, xa representado o ano pasado a finais de curso para os alumnos de infantil: “O Incrible neno devorador de libros”. Nesta ocasión fíxose a representación para os nenos de 2º e 3º de primaria. A actividade foi unha  colaboración dos departamentos de plástica, música, lingua galega e o EDLG.
Os alumnos de 4º encargáronse de crear e dar vida aos bonecos cos que representabamos a historia, e os alumnos de 3º fixéronse cargo da música e da narración da mesma.
Unha  actividade máis que nos axuda a comprender que o traballo en equipo sempre da bos resultados.
   Aquí tedes unha mostra da estupenda representación    
                   

19/6/15

MUSICAL SONRISAS Y LÁGRIMAS

O mércores, despois dá entrega de premios de portada de libros e mailart os alumnos e alumnas de 1º A sorprendéronnos a todos cun musical.
Un claro exemplo de inclusión.
Gracias a Luisa, Pilar e David polo voso esforzo e dedicación.







18/6/15

RÍA DEL EO 5º E 6º

COMO VIAXE DE FIN DE CURSO, OS RAPACES DE 5º E 6º FIXEMOS UNHA SAÍDA DE DOUS DÍAS A GRANXA ESCOLA "RÍA DEL EO" EN CASTROPOL. A VIAXE FÍXOSE NO TREN,POUCAS VECES O UTILIZAMOS,POR ISO RESULTOUNOS DIVERTIDO. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE, FIXÉRONSE MOITAS ACTIVIDADES : TIRO CON ARCO, MONTAR A CABALO, TIROLINA, SAÍDAS EN BICI, COIDAR ANIMAIS,OBRADOIRO DE PAN, DE QUEIXO .......... E MOITAS MÁIS. A MAIORIA VOLTOU CON GANAS DE VOLVER OU DE QUEDAR UN POUCO MÁIS......... OS TITORES DÁMOSLLES AS NOSAS FELICITACIÓNS POLO VEN QUE SOUBERON ESTAR .GRAZAS RAPACES POLO VOSO COMPORTAMENTO. ¡¡¡PASADE UN O VERAN!!!!!

HINCHABLES FIN DE CURSO

Como remate de curso el ANPA de nuestro centro nos obsequió un buen regalo: unos hinchables con los que pudimos disfrutar todos los alumnos de infantil y primaria. Los de 5º y 6º os dejamos aquí un buen ejemplo de lo bien que lo pasamos. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ MUCHAS GRACIAS!!!!!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE VERÁN

15/6/15

PREMIADOS NA II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

Difícil o tivo hoxe o xurado composto por  Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas  da II Edición do Concurso de Portada de Libros. Como sabedes, o concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 140 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais.
Os gañadores e finalistas por categorías foron:

1º CICLO ESO
·         Gañadora: Verónica Rodríguez (1º ESO)
·         1ª finalista: Carmen  Martínez Dragó (1º ESO)
·         2º finalista: Miguel Vilaro (1º ESO)
2º CICLO ESO
·         Gañadora: Ana Martínez (3º ESO)
·         1ª finalista: Raquel Rivera (4º ESO)
·         2º finalista: Paola Toribio (3º ESO)
INFANTIL
·         Gañador: Teo Martínez
·         1ª finalista: Claudia Varela
·         2º finalista: Yoel Díaz
1º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Lucía Vigo
·         1ª finalista: Alba Rey  e Yaiza Lestón
·         2º finalistas: Óscar Fernández, Hugo Cartelle, Marco Espiñeira e Aketza Aranaga
2º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadoras: Noa Montenegro e Clara Magariños
·         1º finalista: Axel Quesada
·         2º finalista: Pablo Rodeiro
3º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Silvia Seoane
·         Finalistas: Sofía Cao, Nacho Cao e Martín Rodríguez


En hora boa a todos e todas!!!!

12/6/15

FOUR SEASONS

O alumnado de 5º e 6º falamos e escribimos acotío a data, o tempo e a estación na que estamos. Alumnos e alumnas de ditos cursos prepararon un video en inglés, sobre as catro estacións para o proxecto de "Meteoescolas" da Xunta De Galicia.

10/6/15

LECTURAS

Con motivo da visita dos nenos e nenas da escola infantil Galiña Azul ao noso centro, catro alumnas de 6º animáronse a contar dous contos. Moitas grazas rapazas pola vosa colaboración!!!

7/6/15

GAÑADORES DA V EDICIÓN DO PREGUNTÓN

Rematou a V Edición de "O Preguntón". Desde  o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  queremos dar a en hora boa a todos os que participáchedes nesta edición e os nosos parabéns aos gañadores e finalistas. O remate do curso faremos  o acto de entrega de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.