Premede na foto para ver as preguntas en grande
27/4/15
PREGUNTÓN SEMANA 2
Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón. Ánimo que o estades facendo moi ben!!!.
20/4/15
ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA CARABELA
O pasado mércores visitounos o autor Manuel Solla para facer unha sesión de animación a lectura cos nenos e nenas de 4º de E.P.
Contounos o conto " A Princesa dos Labios de Fresa", e logo os nen@s fixeron unha representación deste mesmo conto co que se divertiron moitísimo.
PREGUNTÓN: SEMANA 1
Ola amigos e amigas "preguntóns",
xa estamos aquí de novo co noso concurso . Xa sabedes que cada martes
colgaremos catro cuestións que poden ser preguntas, unha adiviña, un
xogo...para resolver e entregar o luns seguinte aos profes responsables
do Preguntón.
Aqui vos deixamos as primeiras correspondentes a este martes 21 de
abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que
haberá sorpresas....
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!
15/4/15
MATERIAIS DIDÁCTICOS FILGUEIRA VALVERDE
Xa tedes á vosa disposición diferente material sobre Xosé Fernando Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2015 , para as etapas de infantil e primaria.
Este material consta de:
1.- Actividades en PDF para infantil e primaria.
2.- Actividades interactivas en formato Edilim para infantil e primaria.
3.- Audiobiografía de Xosé Filgueira.
4.- Exposición con vinte carteis en formato A3 e cuestionario para o alumnado de primaria.
5.- Díptico sobre Xosé Filgueira.
6.- Marcapáxinas
Todo este material está disponible nas seguintes páxinas:
http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
http://seminariogalan.org
http://filgueiravalverde.gal/fundacion
Este material consta de:
1.- Actividades en PDF para infantil e primaria.
2.- Actividades interactivas en formato Edilim para infantil e primaria.
3.- Audiobiografía de Xosé Filgueira.
4.- Exposición con vinte carteis en formato A3 e cuestionario para o alumnado de primaria.
5.- Díptico sobre Xosé Filgueira.
6.- Marcapáxinas
Todo este material está disponible nas seguintes páxinas:
http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
http://seminariogalan.org
http://filgueiravalverde.gal/fundacion
CONTACONTOS DOS VENRES
Neste último trimestre a biblioteca carabela abre as suas portas tódolos venres para disfrutar todos xuntos dun conto representado polos nenos e nenas de 5º e 6º.
Comenzamos este venres día 17 có libro " Unha chea de Familias" de Xosé M. Neira Cruz, ed. Galaxia, contado por Uxía, Lucía e Vera.
Esperamos que vos guste!!!!
Esperamos que vos guste!!!!
11/4/15
PREMIO PARA O NOSO COLE AO CLIPMETRAXE MÁIS VOTADO
Onte venres, tivo
lugar no salón de actos do centro Fonseca de A Coruña, a entrega de premios de
carácter autonómico da VI Edición do Festival de Clipmetraxes “O teu punto de
vista pode cambiar o mundo”. O xurado composto polo historiador da arte e profesor José Eulogio
Rouco Lamela, polo actor Paulo Gouveia Gaboco e pola profesora María del
Mar García Fernández, presidíu o acto no que recibimos o Premio ao Clipmetraxe máis votado.
Recolleron o
premio en representación de toda a clase de 4º de ESO, Noe, Cris, Raquel e
Elisabeth. En hora boa a todos os alumnos/as que fixestes este estupendo traballo, a
Luisa a profe de lingua de signos do noso cole por participar signando o noso
traballo, e as nais e profes que nos acompañaron á Coruña. Grazas polo voso
traballo e esforzó.
7/4/15
COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"
Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de
novo co noso concurso estrela. Sei que xa estades desexando comezar pero antes
de nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o
luns 13 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos. Recordade que debedes formar un equipo de
dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou mixtos.
O concurso comezará o martes 21 de abril e rematará o 12 de maio e as preguntas
estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e Carabeladeares da Biblioteca, así como nun
panel no corredor de secundaria e na biblioteca.
Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta
atrás......
2/4/15
BOAS PASCUAS
Dende o 3º ciclo, tódolos nenos ,nenas e mestres queremos desexarvos a todos unhas BOAS PASCUAS. Amosámosvos
os nosos traballos para estas datas,feitos con moito agarimo nas clases de plástica con Fifí.
¡¡Agora hai que enchelos cos doces
!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)