22/11/14

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación para o desenvolvemento. 
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.

E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns  por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial  a Ana Martínez  (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.


Esta actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.









 






                  
                        Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López

17/11/14

MALETA VIAXEIRA DE MATEMÁTICAS

 A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas. A nosa biblioteca escolar bota a andar un proxecto anual ben interesante, as MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS para primaria. Percorrerán todas as aulas de primaria e permanecerán en cada unha de dúas a tres semanas.
 Aquí vos deixo o material que contén. 

15/11/14

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor.
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!

Esta é unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.

7/11/14

MAGOSTO 2014

E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN DO MACOSTO, COMEMOS CASTAÑAS, CANTAMOS, BAILAMOS....PASAMOS UN BO RATO TODOS XUNTOS.






5/11/14

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO.



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.  

1/11/14

SAMAÍN-2014

O xoves 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no noso cole. Todos os ciclos traballamos moito . Deixámosvos aquí un bo exemplo diso.