13/7/14

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

A Henry encantábanlle os libros, pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada na metáfora alimentaria ou gastronómica sobre a lectura.

Dicía Paul Auster que "se os seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a fame".

Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO (EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música, plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!