31/3/14

PREGUNTAS 2ª SEMANA PREGUNTÓN

Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón.  Recordade que tamén están expostas no taboleiro do Preguntón. Animo!!!

Premede nelas se as queredes ver mais grandes





BUSCANDO INFORMACIÓN NA REDE.

  A nosa compañeira de bibliotecas escolares de galicia Charo Sánchez-Gariel do ies Sánchez Cantón de Pontevedra, pasounos este enlace tan interesante para aprender a buscar información en internet de forma eficiente.
Botádelle unha ollada, seguro que vos servirá de axuda para o Preguntón.


http://pub.lucidpress.com/45ac8404-5327-70b5-8eac-66ae0a00d013/

24/3/14

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso lexendario concurso. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do martes seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí vos deixamos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 25 de marzo. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
                           
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!

 (Para ver  mellor as preguntas, premede enriba delas)

CUESTIÓNS DO MARTES 25 DEMARZO






21/3/14

21 de Marzo. Día da Meteoroloxía.

Temos una pequena exposición durante toda a semana de libros e revistas de meteoroxía a vosa disposición. Esperamos que vos guste.

17/3/14

V EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN"

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!


 O  MARTES 25 DE MARZO COMEZA O "PREGUNTÓN"...


                        
                                   Bases v edición preguntón from Yolanda Castro López

O PREGUNTÓN

Non queda nada para o inicio do preguntón, xa temos 30 grupos en primaria. Vémonos o mércores coas primeiras preguntas. Ánimo a todos/as.

GRUPO KATARSIS

O pasado venres visitounos o grupo katarsis coa presentación da súa obra IF I WERE A GROWN UP que representarán o próximo 18 de marzo en Ferrol. Agradounos moito a vosa visita.