28/2/14

LEMBRANDO A ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co gallo da conmemoración do seu nacemento e para lembrar a súa obra,os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha lectura dos seus poemas. Aquí tedes o magnífico resultado.


Tamén realizaron un precioso mural que decora o corredor das aulas.

24/2/14

Visita do ilustrador Abraham Carreiro.

A semana pasada visitounos o ilustrador Abraham Carreiro. O alumnado de 4º de E.P.dsisfrutou dun obradoiro de animación no que nos explicou entre outras cousas, cómo se fan os debuxos animados. Aprenderon a facer debuxos animados en dúas dimensións (taumátropo). Pasamos case dúas horas moi agradables na súa compaña e aprendemos algunhas curiosidades sobre a animación. Gracias Abraham.

20/2/14

MUNCYT

O día 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo, fixemos unha excursión a Coruña. Ademáis de asistir ao concerto da Bela Adormecida, fomos visitar o MUNCYT por primeira vez. Ao remate do concerto viaxamos cara o Muncyt.onde xantamos todos xuntos nunha xornada de convivencia,para algúns foi a súa primeira comida cos compañeiros. Todos disfrutamos dese momento. Despois de xantar viñeron uns monitores, que nos dividiron en tres grupos para facer a visita e explicarnos un montón de cousas. Logo tivemos que resolver varias preguntas buscando coas pistas que elas nos daban. Estivemos nunha sala onde había dous robots (Marilú e Pepe Xan) que nos falaban,se movian e as súas caras cambiaban de cor.Entusiasmáronnos. Visitamos a sala do século XX, onde había inventos de ese século. Na sala Ibería subimos a cabina dun avión, que trasladou o Guernica de Picasso, por eso tiña unha réplica que podedes ver nunha diapositiva. Por un momento sentímonos pasaxeiros. En resumo este día pasámolo moi ben.

19/2/14

La bella durmiente

O mércores 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo fixemos unha viaxe a Coruña. Fomos o Palacio da Ópera para asistir a obra " A Bela Adormecida" , representada por movementos de ballet, acompañados da música da Orquestra Sinfónica. Gustounos moito porque ademáis no grupo de ballet había tamén nenos pequenos. Poucas veces temos a sorte de ver este tipo de espectáculos .

18/2/14

HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN

"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións. Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela é espectacular.



Despois de visionar a curta, podedes facer unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.

TODOS CON ROSALÍA

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:https://www.youtube.com/watch?v=g_tEH...
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

               
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto ou Pilar García Negro.

ESPAZO WEB SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase á celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web que pon á disposición dos centros educativos recursos elaborados por equipos de dinamización da lingua galega. Nesta mesma ligazón poderedes atopar tamén outros materiais de carácter xeral:
Ao longo das próximas semanas irase ampliando o dito espazo con novos materiais que, sen dúbida, servirán para coñecer mellor a vida e a obra deste autor. Convidámosvos a que, se estades elaborando actividades relacionadas co poeta e queredes compartilas, as enviedes ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística para que poidan ser difundidas a través do web da SXPL.

Negros e brancos.

O debuxante británico David McKee publicou xa hai anos un fermoso libro titulado "Negros e brancos" que fala sobre as semellanzas, as diferencias e os valores. Podedes buscalo na biblioteca porque as súas ilustracións son unha auténtica maravilla (está no andel do M dos libros vermellos). Aquí deixamosvos un traballiño que fixemos co libro...

17/2/14

CONCURSO PORTADA DE LIBROS


O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar (Carabela) do noso centro  organizan un concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado. Aquí tedes as bases. Veña animádevos a crear!!!!!.



RESUMES ORAIS DOS LIBROS QUE MÁIS LLES GUSTAN AOS NOSOS NEN@S.

Hai un artista en ti.

Montaxe feita polos nenos e nenas do CEIP Santa Clara de Cuéllar (Segovia), para a convocatoria de arte postal do noso centro de " Hai un artista en ti". Moitas gracias.


14/2/14

NOVIDADES

Aquí tedes, esperando que os levedes para as vosas casas, estas novidades da editorial Alfaguara.

12/2/14

SAN VALENTÍN. PALABRAS DE NAMORADOS.

CITAS DE AMOR: Nun bico, saberás todo o que calei. Pablo Neruda Amar non é mirarse o un ao outro; é mirar xuntos na mesma dirección. Antoine de Saint-Exupery O corazón humano é un instrumento de moitas cordas; o perfecto coñecedor dos homes sábenas facer vibrar todas, coma un bo músico. C. Dickens Ao verdadeiro amor non se lle coñece polo que esixe, senón polo que ofrece. Jacinto Benavente