29/4/13

Semana do libro.

Estos son algúns dos traballos que fixeron os nosos nenos e nenas para o Día do Libro:

Semana do libro:



Esta semana para celebrar o día do libro, tivemos con nós a Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador do libro "Mil cousas poden pasar" lido polos alumnos do 3º ciclo de E.P.

26/4/13

TEMOS UN NOVO AMIGO NA BIBILIOTECA.

Mari, a avoa de Andrea e Lucía Vigo, fixonos un marabilloso agasallo: un boneco de Gerónimo Stilton para a nosa biblioteca Carabela. Estamos encantados e moi agradecidos. Mirade que bonito é.


25/4/13

Semana do Libro

Con motivo do día do libro (23 de abril) estamos a facer unha serie de actividades no noso centro. O martes 23 achegamos a biblioteca ao patio de recreo:



 Tamén fixemos entrega de uns marcadores do Día Mundial do Libro, cun texto de Paula Carballeira, a todos os nenos e nenas que se achegaron a nosa biblioteca neste día.


18/4/13

VISITA DO ILUSTRADOR GRÁFICO ANTONIO SEIJAS AO NOSO COLE


 Hoxe tivemos  o pracer de contar no noso colexio coa presenza do ilustrador gráfico aresán Antonio Seijas. Toni que ven de gañar o premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012 pola adaptación da novela Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz fixo un percorrido pola súa obra e falou aos rapaces e rapazas da ESO sobre como “dou a luz” á novela de Agustín Fernández Paz, sobre como puxo rostro aos personaxes, sobre a técnica utilizada na súa creación, a montaxe das viñetas, a relación entre a imaxe e o texto …, nunha incrible exposición didáctica.
Amosounos tamén parte da súa obra no campo da ilustración que vai desde traballos para revistas, xornais, webs, cubertas de libros así como ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais. O seu talento como ilustrador gráfico levoulle a converterse en deseñador de portadas musicais para grupos de éxito e recoñecemento internacional, como a prestixiosa banda de rock Marillion ou a  noruega Gazpacho das que nos amosou imaxes.
Pero de todo o que dixo quedámonos co consello que Antonio lles dou aos rapaces e rapazas e que reflicte toda a paixón e emoción que pon na súa arte dixital: “ Se alguén de vós quere facer algo relativo a isto que o faga poñéndolle toda a súa alma; a técnica no importa tanto como a idea que queres plasmar. Unha imaxe bonita ten que dicir algo máis que o que é, ten que transmitir emocións, así que, ao que fagades, tedes que poñerlle alma e facelo co corazón xa que ese é o xeito de que chegue ás persoas”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da imaxe e facernos soñar máis aló do noso  maxín.
Grazas  Antonio pola visita ao noso centro que é o teu, polas túas palabras e consellos, por engaiolarnos coa túa creación e por ser un orgullo para todos os aresáns.

                                Marisa, a profe de EPV, presentando a Antonio Seijas

Dous momentos da exposición de Antonio Seijas



Antonio con Vilariño, quen veu a exposición de Seijas e a que lle firmara un dos seus libros. Por certo, Vilariño foi profesor de debuxo de Antonio cando iste estudaba no cole de Ares.

                                                                  Firmando os libros

                                Antonio Seijas fálanos sobre  Banda deseñada

                            

12/4/13

IMAXINA CANTARES…


Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo.  En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.

                       

MAIS POESÍAS DOS NOSOS NENOS E NENAS

9/4/13

PREGUNTÓN 2ª SEMANA

Aquí vos deixamos as preguntas desta 2ª semana de Preguntón. Ánimo que o estades facendo moi ben.




SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 1ª SEMANA

Ola a todos e todas aquí tedes as solucións as cuestións da 1ª semana. A verdade é que a maioría de vós contestáchedes moi ben a todas. Podedes seguir as vosas puntuacións no tabolerio situado na entrada.

DÍA DA POESÍA

Hai uns días celebramos no cole o día da poesía, os nosos nenos e nenas quixeron participar con nós escribindo e lendo poemas propios e doutros autores, e aquí está o resultado:





8/4/13

IMAXINA CANTARES…


Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo.  En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.

                       

OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS

O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías.  Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada na  realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade.
                           
         
   

3/4/13

Los libros fantásticos que vuelan

"Los libros fantásticos que vuelan" de Mr. Morris Lessmore é un corto de animación que gañou un oscar en 2012, vale a pena velo.

día da paz

Antano hai xa moito tempo nos días en que non existían os dragóns... Así comeza “O nacemento do dragón”, como esas historias que dan calor. Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia. A historia baséase nos animais sagrados que protexían aos habitantes da China, e que provocaban as guerras entres eles, pero entón, os seres máis intelixentes á vez que inocentes do planeta, os nenos e as nenas, crearon o dragón, unha unión entre todos os outros animais e que xerou que todo o mundo estivese de acordo por unha vez e reinase a paz entre eles. Por iso o DRAGÓN simboliza en China a paz. Aos pequerrechos gustoulles moito e gozaron coa representación dos maiores, que estivo adornada pola estupenda recreación dos animais que foron feitos no taller de plástica polos alumnos de 4º e a súa profe Marisa. Para rematar a representación, os alumnos e alumnas de 4º de música, dirixidos pola súa profesora Teresa, interpretaron “O inverno”, unha peza de Vivaldi
Unha vez máis damos as grazas aos nenos e nenas de infantil e as súas profes por seren un público tan agradecido. Queremos tamén dar a en hora boa ao alumnado de 2º e 4º  da ESO e as súas  profesoras Teresa, Marisa e Luisa por este traballo tan ben feito.
Aquí deixámosvos unha reportaxe gráfica do evento. 

Representación de "O nacemento do dragón"
                
          

Interpretación de "O inverno" de Vivaldi


 

            



2/4/13

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do luns seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí deixámosvos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 2 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
                            
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!! 

CUESTIÓNS DO MARTES 2 DE ABRIL

(Para ver  mellor as preguntas, premede enriba delas)