19/12/13

LIBROS E NADAL

Ao mellor este nadal decides pedirlle aos reis algún libro... ou te apetece pasarte pola biblioteca municipal e ler un pouco... Pois ben, aquí tes algunhas suxestións para ler neste nadal. Pero hai moitos máis...pásate pola librería ou a biblioteca e verás. Feliz Nadal a todos.

DOAZÓN DE LIBROS

QUEREMOS AGRADECER AO ALUMNADO QUE DOA OS LIBROS DA SÚA CASA QUE XA NON USA, PARA QUE FORMEN PARTE DA NOSA BIBLIOTECA, E ASÍ COMPARTILOS CON TODOS. ESTOS SON ALIGÚNS DOS QUE NOS CHEGARON.

NARRATIVA XUVENIL

A PARTIR DE XANEIRO, TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN UNHA NOVA SECCIÓN DE NARRATIVA XUVENIL NA BIBLIOTECA ESCOLAR. GRACIAS LUISA.

3/12/13

AS AULAS DE INFANTIL "A ", COÑECEN A MAHÁN

Hoxe as aulas dos pequerrechos de Infantil A, viñeron a facernos unha visita para coñecer ao noso amigo Mahán. Esta vez os/as encargados/as de adentrarnos  na historia de Mahán foron as alumnas e alumnos de 2º da ESO. Dicir que Lara e Sara estaban un pouco nervosas pola grande responsabilidade que tiñan: nada máis e nada menos que contarlles a historia aos pequerrechos. Pero desde aquí quero darlles a en hora boa polo ben que o fixeron, ademais, con un público tan espontaneo e agradecido, é todo moi doado. 
Grazas as profes que nos visitaron e aos pequerrechos por portarse tan ben e ser tan receptivos e faladores. E desde aquí queremos mandarlle un saúdo a Samuel que non poido estar con nós no contacontos, pero que o tivemos presente grazas ao insistente recordo da súa ausencia que tivo algun dos seus compañeiros. 
Samuel voltará ao cole despois de que se poña ben, xa que debe de estar un pouco "pachucho" , e iso é o que todos desexamos, pero Mahán recórdanos que hai moitos nenos e nenas no mundo que non teñen a posibilidade de ir ao colexio a aprender.  Así que desde aquí queremos reivindicar este dereito para todos os nenos e nenas do mundo.
Ao final todos levaron a pegatina que tan ben diseñou Paola Toribio de 2º da ESO e sacamos unha foto no mural que a Ana Martínez creou para o evento.
Aquí tedes unhas fotos da xornada.



28/11/13

O CONTO DE MAHÁN VOA ÁS AULAS DE 2º DE PRIMARIA


Hoxe os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria xunto coas súas profes, Chicha e Lucía, visitaronnos no edificio de secundaria para coñecer ao noso amigo Mahán que, como xa sabedes, é o protagonista do conto “Mahán e a cadeira vermella”.  
Mahán, recórdanos e fainos reflexionar sobre a sorte que temos de poder vir á escola a aprender e que, non todos os nenos e nenas do mundo, teñen dereito á Educación Primaria Universal. Os peques de 2º estiveron moi atentos e moitos deles soltáronse a falar e a respostar as preguntas das rapazas de 3º ESO encargadas de contar o conto. Incluso fixemos unha rolda de "actuacións", dramatizando a actitude que temos na nosa escola, e a actitude que tería Mahán na súa escola, utilizando para isto unha cadeira vermella e unha cadeira verde. Aplaudimos, divertímonos, expresámonos e sensibilizámonos... sobre a grande importancia da educación. E xa como momento final, culminamos cun pequeno agasallo: unhas pegatinas que realizaron os maiores e unha pequena cadeira vermella que presidirá a aula dos máis peques para recordarnos, día tras día, o privilexio que temos de poder ir á escola, e reivindicando que este dereito o poidan ter, nun futuro, eses 61 millóns de nenos e nenas que aínda están na actualidade sen escolarizar en diferentes partes do mundo.

 A profe Chicha coa cadeira vermella que , de seguro, colocará nun lugar ben visible da aula.

                    

21/11/13

"MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.

"A cadeira vermella" é a campaña que Entreculturas lanza para concienciar á poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 3º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. 

Un mural (feito por Ana Martínez de 2º ESO), unha frase ben sinxela: “Polo dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo” e unha simple cadeira vermella recórdanos a importancia da educación e de que ese dereito se faga realidade para os 61 millóns de nenos e nenas que, a día de hoxe, están sen escolarizar en diferentes lugares do mundo e non teñen a sorte e o privilexio de asistir a unha escola e aprender.


Hoxe para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia realizamos unha sesión de contacontos para o alumnado de 1º de Primaria. Os alumnos/as encargados de toda esta montaxe foron un grupiño de rapazas e rapaces de 3º da ESO do noso cole. 

O conto cuxo título é “Mahán e a cadeira vermella” está inspirado na campaña "A cadeira vermella”" lanzada pola ONG Entreculturas e foi creado polos nenos e nenas de 1º da Eso do CPI “Virxe da Cela” de Monfero. As nosas compañeiras de 3º Andrea, Begoña, Lucía e Ainhoa foron as encargadas de contar a historia de Mahán  aos nosos pequerrechos de 1º EP, así como facer unha pequena dinámica e un xogo para facelos recapacitar sobre á importancia da educación. 





As profes dos pequerrechos tamén demostraron as súas dotes interpretativas na dinámica que levamos a cabo.




Pero a sesión non rematou aquí. As nosas compañeiras Raquel e Eva crearon un conto titulado “A historia de Niara”. Esta historia ten a peculiaridade de que está sen rematar,  así que as profes levaron unha copia para que entre todos os nenos e nenas, escriban como lles gustaría que  rematase a historia de Niara. 


Por último, os pequerrechos levaron de agasallo unha pegatina feita por  Paola Toribio de 2º da ESO, que ilustra moi ben esta campaña, así como unha pequena cadeira vermella como símbolo dos 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola.


Parabéns a todos os alumnos/as que preparáchedes a sesión por demostrar esas capacidades creativas e deixar voar a vosa imaxinación, e aos pequerrechos de primaria por ser tan participativos e estar tan atentos.

Dicir que nas vindeiras semanas seguiremos coas sesións de contacontos  para que todos os cursos de infantil e primaria poidan gozar da historia de “Mahán e a cadeira vermella”.

Esta actividade está organizada polo EDLG a Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli. A Biblioteca e o EDLG queren a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.

                             
                               Mahán e a cadeira vermella from Yolanda Castro López

15/11/13

NOVIDADES

Invitámosvos a todos/as a visitar a biblioteca do cole para ver as novidades bibliográficas que mercamos este curso.
Pero a principal novidade é que xa temos películas clásicas e DVDs educativos para que poidades levar as vosas casas.Disfrutádeos.

AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES

O pasado venres 8 de novembro tivemos entre nós á Asociación Musical Musicreques coa representación de " As Aventuras do Quebranoces". Esta historia está baseada no conto "Quebranoces e o Rei dos Ratos" escrito por E.T.A. Hoffmann e o ballet "O Quebranoces" de P.I. Tchaikovsky. A representación estivo acompañada de diapositivas nas que os protagonistas amosan aos nenos/as imaxes das súas aventuras na súa viaxe polo mundo. Todo isto, con música en directo. Un verdadeiro pracer!!!!!. Grazas, moitas grazas por un traballo tan ben feito.

30/10/13

HORARIO DA BIBLIOTECA

Recordámosvos que a biblioteca permanecerá aberta todos os días no recreo de 12:20-12:50e todos os luns de 15:30-16:00 para o alumnado de ESO que se queda no comedor.

SAMAÍN 2013

CHEGOU O OUTONO E CON EL A FESTA MAIS TERRORÍFICA.

ARTE E ARTISTAS

Os nenos e nenas do noso cole convírtense en artistas cada vez que collen un libro na biblioteca. Mirade que detalle:

14/10/13

O PIOLLO E A PULGA

En xuño pasado os nenos e nenas de 1ºA estiveron traballando o poema anónimo "O piollo e a pulga". Isto que vedes a continuación é o resultado final do seu traballo. Esperamos que vos guste.


11/10/13

OUTONO

...VAI CALOR PERO AS FOLLAS DAS ÁRBORES CAEN... NOSTALXIA DE CANDO ERAN UN MAR DE OLAS MARRÓNS E AMARELAS NO QUE XOGAR A PERDERSE... A VIDA, A TOQUE DE TIMBRE ESCOLAR PREPÁRANOS PARA ESE INVERNO QUE INTUIMOS LONGO E QUE TAMÉN PASARÁ... E QUE DESEXAMOS QUE O FAGA MENTRES PASAMOS OUTRAS FOLLAS QUE, SEN DÚBIDA, TAMÉN ALFOMBRARÁN O CAMIÑO...

10/9/13

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2013-2014

Dende a nosa biblioteca dámosche unha calorosa benvida a este novo curso. Sabemos que este curso escolar está cheo de grandes retos e novas metas, pero nos esforzaremos xuntos para cumprir co noso compromiso. É sumamente importante recordarche que a nosa biblioteca é o centro de aprendizaxe que nos axuda a complementar o noso proceso de ensino. Visita a túa biblioteca e coñece todos os recursos que temos á túa disposición. 
Na biblioteca estamos para servirte. 
 FELIZ CURSO 2013-2014

21/6/13

PREMIOS PARA OS MELLORES LECTORES

Dende a Biblioteca Carabela queremos premiar aos alumnos/as que máis libros leron este curso, entre eles están: Jimena, Marta e Andrea de 2º B; Andrea Ríos de 3º B; Andrea García, Sara Bardanca e Lara Fonte de 5º A; e Rocío Anca de 6º B. MOITAS GRACIAS A TODOS.

17/6/13

TEATRO

Durante estos días, temos a sorte de contar con un "grupo de teatro " formado polo alumnado de 2º  de E.P. que escribiron e  están a representar a obra " El Castillo Tikiwok". Fixéronnos pasar un rato moi entretido e divertido. As representacións están tendo un grandísimo éxito que non sería posible de non ser polo traballo, esforzo e entusiasmo de Meli e Lara.
Dende a Biblioteca dámosvos as gracias por poñer esta pinga de alegría no noso cole.




 Aquí vos deixamos unha montaxe dos preparativos e ensaios da obra de teatro, con música de Tamara Laurel " I Want You".
Disfrutádea.

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

         O mércores día 6 de xuño visitounos Antón Cortizas. Despregou toda a súa imaxinación facendonos voar ata a escola de Rosalía, onde o seu lápiz escribía o que lle petaba mentras que a sua mestra berraba e berraba sen control. Tamén nos ensinou a facer poesías coma as súas de "Vaia Tropa!", pero esta máis especial pois fixémola entre todos/as e ademais, falaba de Ares:





Había unha aresana que naceu en ares
que non lle gustaba nadar polos mares,
un día probou a nadar na aréa
e dáballe os brazos con tanta marea
que un home lle dixo: bracea e non pares!

 Por último nos ensinou a facer  xoguetes de forma artesanal, como é o caso dos dous chifros que aparecen na foto, e que podemos encontrar no seu libro "Tastarabás".












Deixámosvos un video de 10 minutos de Antón Cortizas co alumnado de 1º ciclo:


24/5/13

CONTAMOS

Ao longo do curso, aprendemos a contar historias e para que vexades como contan os nenos/as os contos, aquí tedes estas montaxes.



17/5/13

DE VERSO EN VERSO

Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados. 
 Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. 
Aquí tedes o magnífico resultado!!! 

        


                 INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA" 

Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

      

ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013


O xoves 16 de maio tivemos o acto de entrega dos premios do xa veterano concurso “O Preguntón”, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en colaboración coa Biblioteca Carabela.
Nun salón cheo de rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e da ESO, a nosa directora, a coordinadora do EDL e a coordinadora da Biblioteca entregaron os premios aos gañadores e finalistas así como un diploma a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta V edición do concurso. Desde aquí queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas participantes polo ben que o fixeron e xa sabedes... esperámosvos  na VI Edición do Preguntón.
Aquí tedes un pequeno vídeo do acto de entrega de premios.

                     

16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

Este ano, adicamos o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño. Cada clase fixo un cartel con poesias de distintos autores galegos. Aquí tedes unha mostra:

SOMOS ARTISTAS

No corredor do primeiro ciclo podemos ver unha exposición de esculturas feitas polo grupo de 2º A. Aquí tedes unha mostra.
 

14/5/13

O LAPIS DE ROSALÍA.

Os alumnos/as de 5º están preparando a lectura do libro de Antón Cortizas " O Lapis de Rosalía " para o alumnado de E.I., primeiro e segundo ciclo de E.P.. Empregarán esta fermosa adaptación feita pola profe Marina e con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García. Estou segura de que vos vai gustar.


7/5/13

LETRAS GALEGAS 2013



O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador... 
É de  destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.  

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo. 
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.

Tamén podedes coñecer máis sobre a vida e obra de Vidal Bolaño premendo na seguinte imaxe. Daravos acceso a un pasapalabra sobre o nosos homenaxeado.

6/5/13

PREGUNTAS ÚLTIMA SEMANA PREGUNTÓN

Ola, queridos e queridas preguntóns, xa vedes que pronto pasa o tempo e de pregunta en pregunta, chegamos a última quenda delas. Esmerádevos ben nas vosas respostas para acadar a máxima puntuación. Xa sabedes que tedes ata o luns 13 de maio para entregar as últimas respostas.
 O día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas entregaremos os premios aos gañadores e diplomas a todos e todas os que participáchedes.Moita sorte e grazas pola vosa participación nesta edición.


 PREGUNTAS