8/12/12

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS

A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar  cancións, debuxos,  contos, propostas para agasallar en galego e unha morea de recursos máis.
Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.  
 Se picades no debuxo que tedes abaixo podedes entrar na páxina.


23/11/12

VENRES DE LOITO POLO ENSINO PÚBLICO

Tódolos venres o profesorado que queira virá vestido de negro, de esta forma manifestamos o noso malestar coa actual situación do ensino público.

22/11/12

A QUE SABE A LÚA?

Como si de uns grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara, Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais intentan chegar a lúa e  arrincar un chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
Aquí vos deixamos o conto, unhas fotos e o vídeo da representación.



A QUE SABE A LÚA?
 

                             

13/11/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Estas, son as MOCHILAS VIAXEIRAS que poñeremos en marcha entre os alumnos de primaria durante todo o curso. Dentro de cada MOCHILA van 5 libros de temátiva variada e unha nota informativa:

MES DA POESÍA

Durante o mes de novembro temos no centro unha MALETA DE POESÍA, é un préstamo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que conforman o PLAN B. Por este motivo estamos a facer xornadas de lectura de poesía dentro da biblioteca, entre o alumnado de primaria.

27/10/12

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAÍN, O OUTONO E O MAGOSTO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos  novos recursos.
Se premedes na seguinte imaxe atoparedes actividades, materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.

7/10/12

Ler é doado

Un curioso exemplo que ilustra como ler non é tan difícil, senón un acto case inconsciente onde o cerebro actúa automaticamente de forma vertixinosa:

A orde non importa
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCIO COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN ASI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CDAA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PLAARBA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE, ME PREACE ICRNEILBE.

25/9/12

BENVID@S A UN NOVO CURSO NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

Benvidos un curso máis ao blogue da Biblioteca escolar Carabela do CPI “Conde de Fenosa”. Nel poderedes encontrar información das actividades que se leven a cabo no centro en xeral e na biblioteca en particular, asi como noticias, proxectos e novidades de lecturas. 
Feliz curso a todos e todas e desde a biblioteca, invitámosvos a compartir o apaixonante mundo da lectura.

21/6/12

20/6/12

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA ESTE VERÁN.

E se apetece ler algo neste verán? Dende a biblioteca suxerímoste unha chea de libros para que disfrutes neste tempo de vacacións.
Que o pasedes ben durante estas semanas e ... volveremos vernos en setembro!!!!!


14/5/12

LETRAS GALEGAS 2012

Con motivo do día das Letras Galegas, as alumnas de 6º de Primaria realizaron un video para achegarnos a vida e obra do autor homenaxeado este ano que é Valentín Paz Andrade. Aquí vos deixamos o video: