30/3/11

EL FEROZ TIGRE DE BENGALA

Wilma Cadena é WC e ten un tigre... un tigre de Bengala. Quere ser domadora, así que tamén ten un traxe. Pero... que pode domar? O tigre dalle algúns problemas, así que vai ter que buscar outro bicho... Se queres saber os problemas que pode dar un tigre de Bengala na casa e como WC se fixo domadora ... podes ler :
RIMBAMBINI: EL FEROZ TIGRE DE BENGALA.

Os autores son Claudio Comini y Orazio Minneci e a editorial Marenostrum. Podes atopalo na biblioteca no armario 2, estante 6 e número 103.

22/3/11

LUME!


Organizado polo equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca o grupo de monicreques Babaluva representou onte a obra "Lume".
Larraitz e Mirari Urruzola cos seus bonecos contáronnos unha fermosa historia sobre unha landra, un incendio na fraga, e como os animais foron avisándose uns aos outros.

11/3/11

GERÓNIMO STILTON XA ESTÁ AQUÍ.


Na biblioteca temos xa uns poucos libros de Gerónimo Stilton. Xa podes ler algunhas das aventuras deste rato periodista e todos os seus amigos.